Todo comeza cunha idea. Pode que queiras poñer en marcha un novo negocio. Pode que desexes transformar as túas operacións actuais. Tamén pode que queiras ofrecer unha oferta máis moderna e vangardista. Ou pode que teñas un proxecto creativo para compartir co mundo. Sexa o que sexa, estamos aquí para axudarche.
En Terra somos expertos en xestión, administración e deseño. Ofrecemos un asesoramento integral e específico a medida de cada cliente nos sectores de hostalaría, restauración e alimentación. En Terra Food Solutions orientámosche no proceso requirido para crear e elevar o teu proxecto ao lugar que desexas acadar. Traballamos cos nosos clientes escoitando, avaliando e aprendendo os seus obxectivos de negocio. Analizamos a información para convertela en solucións prácticas e sostibles.
Algúns dos servicios y desenrolos que Terra Food Solutions pode ofrecerche son:
A nosa experiencia profesional permítenos investigar e desenrolar con criterio novos produtos para liñas de produción, restauración e hostalaría. Cada proxecto e produto son adaptados as necesidades e requirimentos dos nosos clientes.
Podemos ofrecerlle unha gama de diferentes solucions alimentarias, dende una receita única centrada nun ingrediente específico ate un libro de cociña para uso promocional ou incluso o desenrolo de menús completos para restaurantes, hoteis e colectividades.
Algúns dos sectores co que podemos colaborar son:
En Terra traballamos cos teus equipos humanos, capacitándoos cos recursos necesarios para desenrolar i elevar as actividades diarias de teu negocio.
Tamén ofrecemos aos nosos clientes a posibilidade de promocionar as súas últimas novidades comerciais entre grupos reservados de influencia dentro do sector, por exemplo, a través de clases de cociña ou show cookings.
Iniciei a miña traxectoria culinaria dende moi novo, comezando a traballar primeiro no restaurante da miña familia e despois cursando estudos na Escola de Hostalería de Santiago de Compostela. Tiven a sorte de ampliar e enriquecer a miña formación en restaurantes recoñecidos e galardonados con estrelas Michelin como Toñi Vicente, Paolo Petrini en París, Hakkasan en Londres ou Tristán en Puerto Portals. A miña formación hoteleira quedou sólidamente cimentada en hoteis exclusivos e establecementos Relais & Châteaux como El Castell de Ciutat en Seu d'Urgell ou o Hotel Principe di Savoia en Milán.
O meu apaixonado desexo de exploración e excelencia profesional levoume a traballar e liderar proxectos culinarios nunha singladura por diversos países, incluíndo Alemaña, Francia, México e Rusia, antes de pasar unha longa estancia de máis de doce anos en Australia. No país austral, primeiramente, encargueime das cociñas do restaurante Sault en Daylesford, onde deixei unha pegada significativa na escena culinaria ao ofrecer unha cociña de mercado e vangarda na que os produtos locais eran tratados con sinxeleza e respecto.
Anos máis tarde, únome como xefe executivo ao restaurante Voyager Estate. Un establecemento enclavado no medio dun dos mellores viñedos da impresionante rexión vitivinícola de Margaret River, cuxa adega produce viños premium de clase mundial. O restaurante recibiu durante a miña estadía importantes premios e recoñecementos gastronómicos a nivel nacional, erguéndose como un destino obrigado para amantes da boa mesa e coñecido polos seus menús degustación hiperestacionais e de maridaxe, onde o viño era o fío condutor.
No 2022, e xa con case 30 anos de experiencia contrastada no sector hostaleiro e cunha bagaxe en diversos establecementos a nivel nacional e internacional, tomei a decisión de emprender unha nova aventura profesional ao fundar Terra Food Solutions para poder ofrecer servizos de consultoría a empresas do sector.